BrowserQuest - Demostración dun Xogo Multixogador Masivo en HTML5
-
0:07 - 0:08Que hai xente? Son Guillaume
-
0:09 - 0:11Traballo de deseñador web, en Little Workshop (Obradoiriño)
-
0:11 - 0:13Son un dos desenvolvedores de BrowserQuest
-
0:13 - 0:17un xogo multixogador masivo en 2D feito en HTML5
-
0:17 - 0:19velaquí está
-
0:19 - 0:22Parécese a un xogo de acción RPG no que podes xogar con
-
0:22 - 0:25ducias de xente nunha soa páxina web
-
0:25 - 0:26O obxectivo é facer unha demostración de como usa-los WebSockets
-
0:26 - 0:32para crear aplicacións e xogos interactivos.
-
0:32 - 0:36En BrowserQuest podes comezar coma un campesiño.
-
0:36 - 0:37Canto máis exploras o mundo ó teu arredor
-
0:37 - 0:40máis obxectos e obxectivos acadas.
-
0:40 - 0:42Podes escoller xogar ti só
-
0:42 - 0:46ou facer equipo con outros xogadores para cazar xuntos
-
0:46 - 0:48Podes ver cada fiestra de obxectivo cando queiras
-
0:48 - 0:52pulsando na icona do trofeo para mira-lo teu progreso na aventura.
-
0:58 - 1:01O motor de rede do xogo é fornecido por websockets
-
1:01 - 1:05unha nova tecnoloxía que permite comunicación en tempo real entre o navegador
-
1:05 - 1:07e o servidor.
-
1:07 - 1:10Así é como podes ver outros xogadores correndo e loitando ó teu redor.
-
1:11 - 1:13Por suposto BrowserQuest inclúe un amplo número de tecnoloxías web,
-
1:13 - 1:16non só websockets
-
1:16 - 1:20O cliente do xogo está escrito en JavaScript e usa
-
1:20 - 1:22HTML5 Canvas para o motor de renderizado
-
1:22 - 1:26O teu personaxe queda almacenado no teu aparello
-
1:26 - 1:29mentres o audio HTML5 manexa o son e a música
-
1:35 - 1:40Outra cousa interesante de BrowserQuest é que xa que todo pasa
-
1:40 - 1:43nunha páxina web, podes usalo en moitas plataformas.
-
1:43 - 1:46Se tes un navegador co websocket activado, o xogo
-
1:46 - 1:49debería andar no teu computador de escritorio. A versión experimental debería andar
-
1:49 - 1:57en iPhone e iPad así como en teléfonos Android con Firefox.
-
1:57 - 2:00Poidemos facer isto coa combinación da mellora de renderizaxe
-
2:00 - 2:05e das CSS media queries para adapta-la experiencia ó dispositivo.
-
2:05 - 2:08Así que podes intentar a xogar non só no computador senón
-
2:08 - 2:13no navegador do teu móbil ou no teu tablet.
-
2:13 -Grazas por ve-lo vídeo, e espero vervos polo xogo!
- Title:
- BrowserQuest - Demostración dun Xogo Multixogador Masivo en HTML5
- Description:
-
Mozilla presenta BrowserQuest -- Un Xogo Multixogador Masivo en HTML5 creado por Little Workshop e Mozilla. http://browserquest.mozilla.org
Créditos: http://www.littleworkshop.fr
Música:
- "Village" por Dayjo
- "What Dangers Await? (Campus Map)" por Freakified
- "Right off the top" por Camoshark - Video Language:
- English
- Duration:
- 02:16