Que é Mozilla? Permítame responder a isto. Mozilla é... a xente? Mozilla é un proxecto global e tamén unha organización sen ánimo de lucro Nada menos que un impresionante movemento de xente realmente entusiasta. Creo que atrae xente que está interesada en axudar a outros e aos que queren traballar cun grupo e facer algo importante he, he, xente toliña! Mozilla é sobre todo ben coñecida polo noso navegador Firefox. O Proxecto Firefox naceu nun tempo en que a Web estaba estancada e o único navegador que había era o Internet Explorer Unha cousa é falar da competencia como unha especie de ben económico idealizado Outra cousa é dicir, non si?, que este navegador fixo a miña vida moito mellor, o meu computador era moi lento, estaba sempre abafado polos anuncios emerxentes e non podía usalo, pensaba que a Internet era horrorosa mentres que agora é bastante mellor, isto é o que sucedía daquela, en 2004, cando presentamos o Firefox. Hai unha morea de innovacións que incorporamos no navegador e que agora se atopan en todos os navegadores. Unha boa parte das cousas boas que temos viñeron de xente que non traballa no proxecto a tempo completo. E iso é un aspecto realmente importante. A innovación non sucede a non ser que a xente fedelle e non se pode fedellar non sendo que teñas acceso ao código. Ao final rematas cun ecosistema moito máis enriquecido, cando tes máis xente probando as súas ideas e vendo que funcionan. Ás veces iso tráenos revelacións e dicimos: ben, é unha boa idea gustaríanos usala ímola preparar para todo o mundo. Mozilla é un experimento moi importante porque funcionamos como unha empresa sen ánimo de lucro, temos un produto de alta calidade, temos clientes e, en lugar de accionistas, que queren beneficios, nós temos a misión de gardar a Web aberta, para fornecer liberdade de elección. Esa é a razón pola que non temos ánimo de lucro. Así, podemos tomar as decisións sobre o noso produto baseadas na experiencia do usuario e dándolle o control á xente, construíndo un produto que te trata como un cidadán e un ser humano, e non se basea na carteira que teñas. Mozilla é un proxecto global Hai distintas maneiras de te involucrar: Podes colaborar con código Podes traducir e localizar contidos Podes innovar no navegador e aínda máis alá Podes facer doazóns e apoiar a nosa causa Apostamos por unha Internet aberta e independente. Se Mozilla ou outras organizacións non estivesen loitando por isto á Web pasaríalle o mesmo que a outros medios de comunicación de masas Isto é, dominada por uns poucos. A definición de fonte aberta implica traballar xuntos sen discriminación. A Web non só é algo que consomes, é algo sobre o que hoxe en día podes influír directamente. queremos comunicar que temos esta idea sobre como o mundo debería funcionar e pretendemos levala a todo o mundo de forma concreta, algo que as persoas individuais poden tocar e do que formar parte E iso é diferente. Non somos só un tipo diferente de navegador. Estamos a construír unha Web mellor. Calquera pode axudar. Aprenda como: