0:00:01.508,0:00:03.041 Que é Mozilla? 0:00:03.821,0:00:04.823 Permítame responder a isto. 0:00:05.969,0:00:09.469 Mozilla é... a xente? 0:00:09.469,0:00:12.082 Mozilla é un proxecto global 0:00:12.113,0:00:13.515 e tamén unha organización sen ánimo de lucro 0:00:13.577,0:00:15.984 Nada menos que un impresionante movemento de 0:00:15.984,0:00:19.320 xente realmente entusiasta. 0:00:19.320,0:00:21.957 Creo que atrae xente que está interesada en axudar a outros 0:00:21.957,0:00:23.791 e aos que queren traballar cun grupo e facer algo importante 0:00:23.791,0:00:25.893 he, he, xente toliña! 0:00:25.893,0:00:29.597 Mozilla é sobre todo ben coñecida polo 0:00:29.597,0:00:32.833 noso navegador Firefox. 0:00:32.833,0:00:36.171 O Proxecto Firefox naceu nun tempo en que 0:00:36.171,0:00:38.840 a Web estaba estancada e 0:00:38.840,0:00:40.574 o único navegador que había era o Internet Explorer 0:00:40.574,0:00:43.911 Unha cousa é falar da competencia como unha especie de ben económico idealizado 0:00:43.911,0:00:49.518 Outra cousa é dicir, non si?, que este navegador fixo a miña vida moito mellor, 0:00:49.518,0:00:51.685 o meu computador era moi lento, estaba sempre abafado polos anuncios emerxentes e non podía usalo, 0:00:52.720,0:00:53.755 pensaba que a Internet era horrorosa mentres que agora é bastante mellor, 0:00:53.755,0:00:56.324 isto é o que sucedía daquela, en 2004, cando presentamos o Firefox. 0:00:58.093,0:01:04.165 Hai unha morea de innovacións que incorporamos no navegador e que agora se atopan en todos os navegadores. 0:01:04.165,0:01:08.970 Unha boa parte das cousas boas que temos viñeron de xente que non traballa no proxecto a tempo completo. 0:01:08.970,0:01:12.072 E iso é un aspecto realmente importante. 0:01:12.072,0:01:14.509 A innovación non sucede a non ser que a xente fedelle 0:01:14.509,0:01:16.610 e non se pode fedellar non sendo que teñas acceso ao código. 0:01:16.610,0:01:22.217 Ao final rematas cun ecosistema moito máis enriquecido, cando tes máis xente probando as súas ideas 0:01:22.217,0:01:24.085 e vendo que funcionan. 0:01:24.085,0:01:26.321 Ás veces iso tráenos revelacións e dicimos: 0:01:26.321,0:01:27.622 ben, é unha boa idea 0:01:27.622,0:01:28.489 gustaríanos usala 0:01:28.489,0:01:29.958 ímola preparar para todo o mundo. 0:01:29.958,0:01:31.426 Mozilla é un experimento moi importante 0:01:31.426,0:01:32.894 porque funcionamos como unha empresa sen ánimo de lucro, 0:01:32.894,0:01:36.665 temos un produto de alta calidade, temos clientes e, en lugar de accionistas, que queren 0:01:36.665,0:01:41.969 beneficios, nós temos a misión de gardar a Web aberta, para fornecer liberdade de elección. 0:01:41.969,0:01:48.542 Esa é a razón pola que non temos ánimo de lucro. Así, podemos tomar as decisións sobre o noso produto baseadas na experiencia do usuario e 0:01:48.542,0:01:52.913 dándolle o control á xente, construíndo un produto que te trata como un cidadán e un ser humano, 0:01:52.913,0:01:56.550 e non se basea na carteira que teñas. 0:01:56.550,0:01:57.613 Mozilla é un proxecto global 0:01:58.106,0:01:59.783 Hai distintas maneiras de te involucrar: 0:01:59.968,0:02:01.553 Podes colaborar con código 0:02:02.845,0:02:05.114 Podes traducir e localizar contidos 0:02:05.360,0:02:08.230 Podes innovar no navegador e aínda máis alá 0:02:08.307,0:02:09.653 Podes facer doazóns e apoiar a nosa causa 0:02:09.884,0:02:11.787 Apostamos por unha Internet aberta e independente. 0:02:11.787,0:02:16.180 Se Mozilla ou outras organizacións non estivesen loitando por isto 0:02:16.272,0:02:20.234 á Web pasaríalle o mesmo que a outros medios de comunicación de masas 0:02:20.234,0:02:23.912 Isto é, dominada por uns poucos. 0:02:23.912,0:02:28.071 A definición de fonte aberta implica 0:02:28.102,0:02:32.330 traballar xuntos sen discriminación. 0:02:32.330,0:02:34.788 A Web non só é algo que consomes, 0:02:34.788,0:02:36.209 é algo sobre o que hoxe en día podes influír directamente. 0:02:36.932,0:02:39.528 queremos comunicar que temos esta idea sobre como o mundo debería funcionar e 0:02:39.528,0:02:43.998 pretendemos levala a todo o mundo de forma concreta, algo que as persoas individuais poden tocar e do que formar parte 0:02:43.998,0:02:45.832 E iso é diferente. 0:02:45.832,0:02:48.383 Non somos só un tipo diferente de navegador. 0:02:48.383,0:02:51.100 Estamos a construír unha Web mellor. 0:02:51.100,0:02:53.060 Calquera pode axudar. 0:02:53.075,0:02:56.328 Aprenda como: