Que é Mozilla?
Permítame responder a isto.
Mozilla é... a xente?
Mozilla é un proxecto global
e tamén unha organización sen ánimo de lucro
Nada menos que un impresionante movemento de
xente realmente entusiasta.
Creo que atrae xente que está interesada en axudar a outros
e aos que queren traballar cun grupo e facer algo importante
he, he, xente toliña!
Mozilla é sobre todo ben coñecida polo
noso navegador Firefox.
O Proxecto Firefox naceu nun tempo en que
a Web estaba estancada e
o único navegador que había era o Internet Explorer
Unha cousa é falar da competencia como unha especie de ben económico idealizado
Outra cousa é dicir, non si?, que este navegador fixo a miña vida moito mellor,
o meu computador era moi lento, estaba sempre abafado polos anuncios emerxentes e non podía usalo,
pensaba que a Internet era horrorosa mentres que agora é bastante mellor,
isto é o que sucedía daquela, en 2004, cando presentamos o Firefox.
Hai unha morea de innovacións que incorporamos no navegador e que agora se atopan en todos os navegadores.
Unha boa parte das cousas boas que temos viñeron de xente que non traballa no proxecto a tempo completo.
E iso é un aspecto realmente importante.
A innovación non sucede a non ser que a xente fedelle
e non se pode fedellar non sendo que teñas acceso ao código.
Ao final rematas cun ecosistema moito máis enriquecido, cando tes máis xente probando as súas ideas
e vendo que funcionan.
Ás veces iso tráenos revelacións e dicimos:
ben, é unha boa idea
gustaríanos usala
ímola preparar para todo o mundo.
Mozilla é un experimento moi importante
porque funcionamos como unha empresa sen ánimo de lucro,
temos un produto de alta calidade, temos clientes e, en lugar de accionistas, que queren
beneficios, nós temos a misión de gardar a Web aberta, para fornecer liberdade de elección.
Esa é a razón pola que non temos ánimo de lucro. Así, podemos tomar as decisións sobre o noso produto baseadas na experiencia do usuario e
dándolle o control á xente, construíndo un produto que te trata como un cidadán e un ser humano,
e non se basea na carteira que teñas.
Mozilla é un proxecto global
Hai distintas maneiras de te involucrar:
Podes colaborar con código
Podes traducir e localizar contidos
Podes innovar no navegador e aínda máis alá
Podes facer doazóns e apoiar a nosa causa
Apostamos por unha Internet aberta e independente.
Se Mozilla ou outras organizacións non estivesen loitando por isto
á Web pasaríalle o mesmo que a outros medios de comunicación de masas
Isto é, dominada por uns poucos.
A definición de fonte aberta implica
traballar xuntos sen discriminación.
A Web non só é algo que consomes,
é algo sobre o que hoxe en día podes influír directamente.
queremos comunicar que temos esta idea sobre como o mundo debería funcionar e
pretendemos levala a todo o mundo de forma concreta, algo que as persoas individuais poden tocar e do que formar parte
E iso é diferente.
Non somos só un tipo diferente de navegador.
Estamos a construír unha Web mellor.
Calquera pode axudar.
Aprenda como: