0:00:00.000,0:00:02.000 Todos os que estamos hoxe aquí 0:00:02.000,0:00:05.000 comecemos admitindo que temos sorte. 0:00:05.000,0:00:07.000 Non vivimos no mundo 0:00:07.000,0:00:09.000 no que vivían as nosas nais e avoas 0:00:09.000,0:00:12.000 onde as opcións de futuro para as mulleres eran moi limitadas. 0:00:12.000,0:00:14.000 E se estás nesta sala hoxe, 0:00:14.000,0:00:16.000 a maioría de nós medramos nun mundo 0:00:16.000,0:00:19.000 onde temos dereitos civís básicos 0:00:19.000,0:00:21.000 e, sorprendentemente, aínda vivimos nun mundo 0:00:21.000,0:00:23.000 no que algunhas mulleres non os teñen. 0:00:23.000,0:00:25.000 Pero, alén diso, aínda temos un problema, 0:00:25.000,0:00:27.000 e é un problema real. 0:00:27.000,0:00:29.000 E o problema é que 0:00:29.000,0:00:31.000 as mulleres non están acadando 0:00:31.000,0:00:33.000 o cume das súas profesións 0:00:33.000,0:00:35.000 en ningures. 0:00:35.000,0:00:37.000 Os números dino claramente 0:00:37.000,0:00:39.000 190 xefes de estado 0:00:39.000,0:00:41.000 nove son mulleres. 0:00:41.000,0:00:43.000 Dos membros do parlamento en todo o mundo, 0:00:43.000,0:00:45.000 un 13% son mulleres. 0:00:45.000,0:00:47.000 No mundo da empresa, 0:00:47.000,0:00:49.000 as mulleres no cume: 0:00:49.000,0:00:51.000 executivas, consellos de administración... 0:00:51.000,0:00:54.000 representan o 15, 16 ó sumo. 0:00:54.000,0:00:56.000 Isto non mudou dende 2002 0:00:56.000,0:00:59.000 e van na dirección errada. 0:00:59.000,0:01:01.000 E, mesmo en institucións sen ánimo de lucro, 0:01:01.000,0:01:03.000 un mundo que ás veces pensamos 0:01:03.000,0:01:05.000 está dirixido por mulleres, 0:01:05.000,0:01:07.000 as mulleres en altas posicións son o 20%. 0:01:07.000,0:01:09.000 Mais temos tamén outro problema 0:01:09.000,0:01:12.000 é que as mulleres encaran eleccións máis difíciles 0:01:12.000,0:01:15.000 entre o éxito profesional e a realización persoal. 0:01:15.000,0:01:17.000 Un estudo recente nos Estados Unidos 0:01:17.000,0:01:20.000 amosou que dos altos directivos casados, 0:01:20.000,0:01:23.000 dous terzos dos homes casados teñen fillos 0:01:23.000,0:01:26.000 e só un terzo das mulleres casadas teñen fillos. 0:01:26.000,0:01:28.000 Hai un par de anos, estaba en Nova Iorque 0:01:28.000,0:01:30.000 para presentar un acordo, 0:01:30.000,0:01:32.000 e estaba nunha desas típicas oficinas de empresa elegantes, 0:01:32.000,0:01:34.000 xa sabedes. 0:01:34.000,0:01:37.000 E na reunión, --unha xuntanza de preto de tres horas -- 0:01:37.000,0:01:40.000 logo de duas horas, precisabamos unha pausa para ir ó baño, 0:01:40.000,0:01:42.000 entón ergueuse todo o mundo , 0:01:42.000,0:01:44.000 e o anfitrión da reunión 0:01:44.000,0:01:46.000 asemella estar moi incómodo. 0:01:46.000,0:01:48.000 E decateime de que non sabía 0:01:48.000,0:01:50.000 onde estaba o baño das mulleres na oficina. 0:01:50.000,0:01:52.000 Entón comecei a ollar arredor por caixas, 0:01:52.000,0:01:55.000 pensando que se mudaran recentemente, pero non vin ningunha. 0:01:55.000,0:01:58.000 E preguntei: "Mudástesvos hai pouco?" 0:01:58.000,0:02:01.000 E dixo: "Non, levamos case un ano aquí." 0:02:01.000,0:02:04.000 E eu lle dixen: "Estás a dicir 0:02:04.000,0:02:06.000 que eu son a única muller 0:02:06.000,0:02:09.000 que veu a pechar un acordo nesta oficina nun ano?" 0:02:09.000,0:02:11.000 Mirou para min e dixo: 0:02:11.000,0:02:14.000 "Si. Ou quizais es a única que quería ir ao baño." 0:02:14.000,0:02:16.000 (Risos) 0:02:16.000,0:02:18.000 Entón a cuestión é: 0:02:18.000,0:02:21.000 como podemos solucionar isto? 0:02:21.000,0:02:24.000 Como podemos cambiar estes números? 0:02:24.000,0:02:27.000 Como podemos mudar isto? 0:02:27.000,0:02:29.000 Quero comezar por dicir 0:02:29.000,0:02:31.000 que eu falo sobre isto, 0:02:31.000,0:02:33.000 de manter as mulleres no mercado de traballo, 0:02:33.000,0:02:35.000 porque realmente creo que esa é a resposta. 0:02:35.000,0:02:37.000 Na parte alta da renda no mundo laboral, 0:02:37.000,0:02:40.000 entre as persoas que acadan os mellores traballos: 0:02:40.000,0:02:42.000 director xeral nas empresas do Fortune 500 0:02:42.000,0:02:45.000 ou o equivalente noutras áreas. 0:02:45.000,0:02:47.000 O problema, estou convencida, 0:02:47.000,0:02:49.000 é que as mulleres están abandonando. 0:02:49.000,0:02:51.000 A xente fala moito sobre isto, 0:02:51.000,0:02:53.000 e fálase de cousas coma o horario flexible e de asesoramento, 0:02:53.000,0:02:56.000 e programas que as empresas deberían ter para formar as mulleres. 0:02:56.000,0:02:58.000 Non quero falar de nada diso hoxe, 0:02:58.000,0:03:00.000 aínda que é realmente importante. 0:03:00.000,0:03:03.000 Hoxe quero centrar a atención no que podemos facer como individuos. 0:03:03.000,0:03:06.000 Cal é a mensaxes que precisamos transmitirnos? 0:03:06.000,0:03:09.000 Que mensaxe temos que dar ás mulleres que traballan con e para nós? 0:03:09.000,0:03:11.000 Que mensaxe lle damos ás nosas fillas? 0:03:11.000,0:03:13.000 Quero ser certa dende o principio 0:03:13.000,0:03:16.000 eu non vou facer xuízos de valor nesta conferencia. 0:03:16.000,0:03:18.000 Eu non teño a resposta correcta, 0:03:18.000,0:03:20.000 nin sequera para mi mesma. 0:03:20.000,0:03:23.000 Saín de San Francisco, onde eu vivo, o luns 0:03:23.000,0:03:25.000 para coller o avión para vir a esta conferencia 0:03:25.000,0:03:28.000 e a miña filla de 3 anos de idade, cando a deixei na escola 0:03:28.000,0:03:30.000 cinxiuse á miña perna, 0:03:30.000,0:03:32.000 chorado: "Mamá, non collas o avión." 0:03:32.000,0:03:35.000 É difícil. Ás veces síntome culpable. 0:03:35.000,0:03:37.000 Non coñezo ningunha muller 0:03:37.000,0:03:39.000 amas de casa, ou que traballen fóra, 0:03:39.000,0:03:41.000 que non sintan iso ás veces. 0:03:41.000,0:03:44.000 Entón non estou dicindo que traballar fóra 0:03:44.000,0:03:46.000 sexa adecuado para todos. 0:03:46.000,0:03:49.000 A miña conferencia hoxe é sobre as mensaxes clave 0:03:49.000,0:03:51.000 se se quere permanecer no mercado de traballo 0:03:51.000,0:03:53.000 e penso que hai tres. 0:03:53.000,0:03:56.000 Primeiro, toma asento na mesa. 0:03:56.000,0:03:59.000 Segundo, fai do teu compañeiro un verdadeiro compañeiro. 0:03:59.000,0:04:03.000 E terceiro, non abandones antes de tempo. 0:04:03.000,0:04:05.000 Número un: toma asento na mesa. 0:04:05.000,0:04:07.000 Hai un par de semanas en Facebook, 0:04:07.000,0:04:10.000 recibimos un alto representante do goberno, 0:04:10.000,0:04:12.000 que viña a encontrarse con altos executivos 0:04:12.000,0:04:15.000 de Silicon Valley. 0:04:15.000,0:04:17.000 E todos sentaron á mesa. 0:04:17.000,0:04:20.000 E había dúas mulleres que viaxaban con eles 0:04:20.000,0:04:22.000 que tiñan posicións importantes nos seus departamentos. 0:04:22.000,0:04:25.000 E díxenlles: "Senten á mesa. Veña, senten á mesa." 0:04:25.000,0:04:28.000 E sentaron nun lado da sala. 0:04:28.000,0:04:30.000 Cando estaba no último ano da universidade 0:04:30.000,0:04:33.000 fixen un curso chamado Historia Intelectual Europea. 0:04:33.000,0:04:35.000 Non vos encantan estas cousas da universidade? 0:04:35.000,0:04:37.000 Querería poder facelo agora. 0:04:37.000,0:04:39.000 E fíxeno coa miña compañeira de cuarto, Carrie, 0:04:39.000,0:04:41.000 que era unha alumna brillante de literatura 0:04:41.000,0:04:43.000 e máis tarde converteuse nunha excelente académica en literatura 0:04:43.000,0:04:45.000 e co meu irmán, 0:04:45.000,0:04:47.000 un rapaz astuto, pero xogador de waterpolo, 0:04:47.000,0:04:49.000 que era estudante de medicina de segundo ano. 0:04:49.000,0:04:51.000 Os tres fixemos este curso xuntos. 0:04:51.000,0:04:53.000 Carrie leu todos os libros, 0:04:53.000,0:04:55.000 nas versións orixinais en grego e latín, 0:04:55.000,0:04:57.000 foi a todas as clases. 0:04:57.000,0:04:59.000 Eu lin todos os libros en inglés 0:04:59.000,0:05:01.000 e fun á maioría das clases. 0:05:01.000,0:05:03.000 O meu irmán estaba medio ocupado, 0:05:03.000,0:05:05.000 leu un dos doce libros 0:05:05.000,0:05:07.000 e foi a un par de clases, 0:05:07.000,0:05:09.000 veu ao noso cuarto 0:05:09.000,0:05:12.000 un par de días antes da proba para que o axudásemos. 0:05:12.000,0:05:15.000 Os tres fomos ó exame xuntos. 0:05:15.000,0:05:17.000 E estivemos alí durante 3 horas... 0:05:17.000,0:05:20.000 coas nosas libretas azuis ... si, así de vella son. 0:05:20.000,0:05:23.000 E saímos da aula, ollámonos e preguntámonos: "Como foi?" 0:05:23.000,0:05:26.000 E Carrie dixo: "Bon, penso que non tratei a fondo o punto fundamental 0:05:26.000,0:05:28.000 da dialéctica hegeliana". 0:05:28.000,0:05:31.000 E eu dixen: "Deus, querería ter conectado 0:05:31.000,0:05:34.000 a teoría da propiedade de John Locke con filósofos sucesivos." 0:05:34.000,0:05:36.000 E meu irmán dixo: 0:05:36.000,0:05:39.000 "Teño a mellor nota da clase." 0:05:40.000,0:05:42.000 "Tes a mellor nota da clase? 0:05:42.000,0:05:45.000 Pero se non sabes nada!" 0:05:45.000,0:05:47.000 O problema con estas historias 0:05:47.000,0:05:50.000 é que coinciden co que os datos amosan: 0:05:50.000,0:05:53.000 as mulleres regularmente subestiman as súas habilidades. 0:05:53.000,0:05:55.000 Se fas un test a homes e mulleres 0:05:55.000,0:05:58.000 e lles preguntas sobre algo totalmente obxectivo coma as notas medias, 0:05:58.000,0:06:00.000 os homes erran ó valorarse de máis 0:06:00.000,0:06:03.000 as mulleres erran ó valorarse de menos. 0:06:03.000,0:06:06.000 As mulleres non negocian por si mesmas no mundo do traballo. 0:06:06.000,0:06:08.000 Un estudo nos últimos dous anos 0:06:08.000,0:06:10.000 sobre as persoas que entran no mercado de traballo dende a universidade 0:06:10.000,0:06:13.000 amosa que o 57% dos nenos ó comezar, 0:06:13.000,0:06:15.000 ou homes, direi.. 0:06:15.000,0:06:17.000 negocian o seu primer salario, 0:06:17.000,0:06:20.000 e só 7% das mulleres. 0:06:20.000,0:06:22.000 E aínda máis importante, 0:06:22.000,0:06:25.000 os homes auto-atribúense o éxito 0:06:25.000,0:06:28.000 e as mulleres a factores externos. 0:06:28.000,0:06:30.000 Se lle preguntas a un home por qué fixo un bo traballo, 0:06:30.000,0:06:33.000 dirá, "Por qué son incrible. 0:06:33.000,0:06:36.000 Obviamente. Dubidábalo? 0:06:36.000,0:06:38.000 Se lle preguntas o mesmo a unha muller 0:06:38.000,0:06:40.000 dirá que alguén a axudou, 0:06:40.000,0:06:42.000 tiveron sorte, traballaron moito. 0:06:42.000,0:06:44.000 Por que é isto importante? 0:06:44.000,0:06:46.000 Pois importa moito, 0:06:46.000,0:06:49.000 porque ninguén chega ós postos importantes 0:06:49.000,0:06:51.000 sentando a un lado e non na mesa de negociación. 0:06:51.000,0:06:53.000 E ninguén recibe un ascenso, 0:06:53.000,0:06:56.000 se non pensa que merece o éxito, 0:06:56.000,0:06:59.000 ou non entenden o porqué do seu propio éxito. 0:06:59.000,0:07:01.000 Querería que a resposta fose doada. 0:07:01.000,0:07:03.000 Se puidera dicirlle a todas esas mulleres novas coas que traballo, 0:07:03.000,0:07:05.000 todas esas mulleres incribeis, 0:07:05.000,0:07:07.000 "Crede e negociade por vós mesmas. 0:07:07.000,0:07:09.000 sede donas do voso propio éxito" 0:07:09.000,0:07:12.000 Querería poder dicirllo á miña filla. 0:07:12.000,0:07:14.000 mais non é tan sinxelo. 0:07:14.000,0:07:17.000 porque os datos amosan unha cousa, por riba de todo 0:07:17.000,0:07:19.000 que é que o éxito e a simpatía 0:07:19.000,0:07:22.000 teñen unha correlación positiva para os homes 0:07:22.000,0:07:24.000 e negativa para as mulleres. 0:07:24.000,0:07:26.000 E todos vós asentides coa cabeza 0:07:26.000,0:07:28.000 porque sabemos que é certo. 0:07:28.000,0:07:31.000 Hai un estudo moi bo que o amosa moi ben. 0:07:31.000,0:07:33.000 É un importante estudo da Harvard Business School, 0:07:33.000,0:07:35.000 sobre unha muller chamada Heidi Roizen. 0:07:35.000,0:07:37.000 Ela traballa nunha empresa 0:07:37.000,0:07:39.000 de Silicon Valley 0:07:39.000,0:07:41.000 e usou os seus contactos 0:07:41.000,0:07:44.000 para converterse nunha inversora de éxito en capital risco. 0:07:44.000,0:07:46.000 No 2002, non hai moito tempo, 0:07:46.000,0:07:48.000 un profesor que estaba entón na Universidade de Columbia 0:07:48.000,0:07:51.000 colleu o caso e cambiou o nome por Howard Roizen 0:07:51.000,0:07:53.000 e deu os dous casos 0:07:53.000,0:07:55.000 a dous grupos de alumnos. 0:07:55.000,0:07:57.000 Cambiou só unha palabra: 0:07:57.000,0:07:59.000 Heidi por Howard. 0:07:59.000,0:08:02.000 Pero esa palabra supuxo unha gran diferenza. 0:08:02.000,0:08:04.000 E logo fixo unha enquisa ós alumnos. 0:08:04.000,0:08:07.000 As boas novas é que os estudantes tanto homes coma mulleres, 0:08:07.000,0:08:09.000 pensaron que ambos, Heidi e Howard, eran os dous competentes 0:08:09.000,0:08:11.000 e iso é bo. 0:08:11.000,0:08:13.000 As malas novas son que a todos lles gustou Howard. 0:08:13.000,0:08:15.000 É un tipo excelente, queren traballar con el, 0:08:15.000,0:08:17.000 queren pasar o día pescando con el. 0:08:17.000,0:08:19.000 E Heidi? Non están seguros. 0:08:19.000,0:08:22.000 É un pouco egocéntrica e ten un sesgo político. 0:08:22.000,0:08:25.000 Non estás seguro de se che gustaría traballar con ela. 0:08:25.000,0:08:27.000 Esta é a complicación. 0:08:27.000,0:08:29.000 Temos que lles dicir ás nosas fillas, ós nosos compañeiros de traballo, 0:08:29.000,0:08:31.000 e a nós mesmas que temos que crer que somos os mellores, 0:08:31.000,0:08:33.000 para conseguir o ascenso, 0:08:33.000,0:08:35.000 para sentar á mesa. 0:08:35.000,0:08:37.000 E témolo que facer nun mundo 0:08:37.000,0:08:40.000 no que para acadalo, terán que sacrificarse, 0:08:40.000,0:08:43.000 sacrificios que os seus irmáns homes non terán que facer. 0:08:44.000,0:08:47.000 A parte máis triste de todo isto é que é moi difícil de lembrar. 0:08:47.000,0:08:50.000 Vou contar unha historia, realmente embarazosa para min, 0:08:50.000,0:08:52.000 pero eu creo que é importante. 0:08:52.000,0:08:55.000 Dei unha conferencia en Facebook non hai moito tempo 0:08:55.000,0:08:57.000 a uns 100 empregados. 0:08:57.000,0:09:00.000 Un par de horas máis tarde, había unha rapaza que traballa alí 0:09:00.000,0:09:02.000 sentada fóra da miña oficina 0:09:02.000,0:09:04.000 que quería falar comigo. 0:09:04.000,0:09:06.000 Díxenlle que estaba ben, que sentara e falariamos. 0:09:06.000,0:09:08.000 Díxome: "Hoxe aprendín algo. 0:09:08.000,0:09:10.000 Aprendín que teño que manter a man erguida" 0:09:10.000,0:09:12.000 E díxenlle: "que queres dicir ?" 0:09:12.000,0:09:14.000 e dixo: "Ben, estabas dando a conferencia 0:09:14.000,0:09:16.000 e dixeches que ías atender dúas cuestións máis, 0:09:16.000,0:09:19.000 e eu, ao igual que moitos outros, tiña a miña man erguida, e contestaches dúas preguntas máis. 0:09:19.000,0:09:22.000 E entón baixei a man e vin que todas as mulleres fixeron o mesmo, 0:09:22.000,0:09:24.000 e entón respondiches a máis preguntas 0:09:24.000,0:09:26.000 só dos homes." 0:09:26.000,0:09:28.000 E pensei, 0:09:28.000,0:09:31.000 vaia, se isto me acontece a min, algo que me preocupa, 0:09:31.000,0:09:33.000 cando dou esta conferencia, 0:09:33.000,0:09:36.000 e mentres a daba nin sequera me dei conta 0:09:36.000,0:09:39.000 de que as mans dos homes estaban aínda erguidas, 0:09:39.000,0:09:41.000 e as mans das mulleres estaban aínda erguidas, 0:09:41.000,0:09:43.000 a que nivel somos bos 0:09:43.000,0:09:45.000 coma xestores das nosas empresas e organizacións 0:09:45.000,0:09:47.000 para ver que os homes buscan máis oportunidades 0:09:47.000,0:09:49.000 que as mulleres? 0:09:49.000,0:09:52.000 Cómpre facer que as mulleres senten á mesa. 0:09:52.000,0:09:55.000 (Aplausos) 0:09:55.000,0:09:57.000 Mensaxe número dous: 0:09:57.000,0:09:59.000 fai do teu compañeiro un verdadeiro compañeiro. 0:09:59.000,0:10:02.000 Estou convencida de que fixemos máis progreso no traballo 0:10:02.000,0:10:04.000 ca nas nosas casas. 0:10:04.000,0:10:07.000 Os datos amósano con claridade. 0:10:07.000,0:10:09.000 Se unha muller e un home traballan a tempo completo 0:10:09.000,0:10:11.000 e teñen un fillo 0:10:11.000,0:10:14.000 a muller fai o dobre do traballo na casa có home 0:10:14.000,0:10:16.000 e as mulleres dedican tres veces máis tempo 0:10:16.000,0:10:19.000 para coidar dos nenos cós homes. 0:10:19.000,0:10:21.000 Entón ela ten tres ou dous traballos, 0:10:21.000,0:10:23.000 e el ten un. 0:10:23.000,0:10:26.000 Quen pensades que deixará o traballo cando alguén teña que estar na casa? 0:10:26.000,0:10:28.000 As razóns disto son moi complicadas, 0:10:28.000,0:10:30.000 e non teño tempo de entrar en detalles. 0:10:30.000,0:10:32.000 Mais non creo que o fútbol o domingo 0:10:32.000,0:10:34.000 ou a preguiza en xeral son a causa. 0:10:34.000,0:10:36.000 Coido que a causa é máis complicada. 0:10:36.000,0:10:38.000 Coido que, como sociedade, 0:10:38.000,0:10:40.000 poñemos máis presión sobre os nosos fillos para ter éxito 0:10:40.000,0:10:42.000 ca sobre as nosas fillas. 0:10:42.000,0:10:44.000 Coñezo homes que quedan na casa 0:10:44.000,0:10:46.000 e traballan na casa para apoiar a carreira das súas mulleres 0:10:46.000,0:10:48.000 e é difícil. 0:10:48.000,0:10:50.000 Cando vou a reunións de nais 0:10:50.000,0:10:52.000 e vexo alí ó pai, 0:10:52.000,0:10:54.000 doume conta que as outras nais 0:10:54.000,0:10:56.000 non interactúan con el. 0:10:56.000,0:10:58.000 E iso é un problema, 0:10:58.000,0:11:01.000 porque temos que dignificar o traballo 0:11:01.000,0:11:04.000 porque é a cousa máis difícil do mundo, traballar na casa 0:11:04.000,0:11:06.000 para persoas de ambos sexos 0:11:06.000,0:11:09.000 se queremos igualar a cousa e que mulleres traballen fóra. 0:11:09.000,0:11:11.000 (Aplausos) 0:11:11.000,0:11:13.000 Os estudos amosan que familias con salarios 0:11:13.000,0:11:15.000 e responsabilidades similares 0:11:15.000,0:11:17.000 tamén padecen a metade de divorcios. 0:11:17.000,0:11:20.000 E se isto non é motivación suficiente para todo o mundo, 0:11:20.000,0:11:22.000 eles tamén teñen... 0:11:22.000,0:11:24.000 ...como dicilo neste escenario? 0:11:24.000,0:11:27.000 Estas parellas coñecense mellor, no sentido bíblico tamén. 0:11:27.000,0:11:29.000 (Risos) 0:11:29.000,0:11:31.000 Mensaxe número tres: 0:11:31.000,0:11:33.000 non abandones antes de tempo. 0:11:33.000,0:11:35.000 Creo que é unha grande ironía 0:11:35.000,0:11:37.000 que as mulleres tomen medidas, 0:11:37.000,0:11:39.000 e véxoo todo o tempo, 0:11:39.000,0:11:42.000 co fin de seguir traballando, 0:11:42.000,0:11:44.000 e que en realidade as leva a deixar o traballo. 0:11:44.000,0:11:46.000 Isto é o que acontece: 0:11:46.000,0:11:48.000 todos estamos moi ocupados, todo o mundo, as mulleres están ocupadas. 0:11:48.000,0:11:51.000 E a muller comeza a pensar en ter un fillo. 0:11:51.000,0:11:54.000 E dende o momento que empeza a pensar en ter un fillo 0:11:54.000,0:11:56.000 comeza a pensar en encontrar o tempo para o seu fillo. 0:11:56.000,0:11:59.000 "Como podo combinar iso con todo o que fago?" 0:12:00.000,0:12:02.000 E, literalmente, a partir daquel momento, 0:12:02.000,0:12:05.000 deixa de erguer a man, 0:12:05.000,0:12:08.000 xa non procura un ascenso, xa non inicia un novo proxecto, 0:12:08.000,0:12:10.000 xa non di, "Eu quero facelo". 0:12:10.000,0:12:12.000 Comeza a botarse para atrás. 0:12:12.000,0:12:14.000 O problema é que ... 0:12:14.000,0:12:17.000 digamos que fica en cinta, ese dia 0:12:17.000,0:12:20.000 nove meses de xestación, tres meses de licencia de maternidade 0:12:20.000,0:12:22.000 seis meses para recuperar o alento, 0:12:22.000,0:12:24.000 e pasan dous anos, 0:12:24.000,0:12:26.000 con moita frecuencia... coma teño visto, 0:12:26.000,0:12:28.000 as mulleres comezan a pensar sobre iso moito antes, 0:12:28.000,0:12:30.000 cando se comprometen, cando casan, 0:12:30.000,0:12:33.000 cando comezan a pensar en tentar ter un fillo, algo que pode levar moito tempo. 0:12:33.000,0:12:35.000 Unha vez unha muller viu a verme para falar diso 0:12:35.000,0:12:37.000 e mirei para ela pareceume una rapaciña. 0:12:37.000,0:12:40.000 E díxenlle: "Entón ti e o teu marido estades a pensar en ter un fillo?" 0:12:40.000,0:12:43.000 E dixo: "Non, non estou casada." 0:12:43.000,0:12:45.000 Nin sequera tiña un mozo. 0:12:45.000,0:12:47.000 E dixen: "Estás a pensar sobre isto 0:12:47.000,0:12:49.000 moi cedo". 0:12:49.000,0:12:52.000 Mais o argumento é, que ocorre 0:12:52.000,0:12:55.000 cando un comeza a retirarse lentamente? 0:12:55.000,0:12:57.000 Todos os que pasaron por isto... 0:12:57.000,0:13:00.000 e estou aquí para dicirvos, que cando hai un neno na casa 0:13:00.000,0:13:02.000 máis vale que o teu traballo sexa bo 0:13:02.000,0:13:04.000 porque é moi difícil deixar o neno na casa, 0:13:04.000,0:13:06.000 o teu traballo ten que ser un desafío. 0:13:06.000,0:13:08.000 Ten que darte satisfacción. 0:13:08.000,0:13:11.000 Tes que sentir que estás marcando a diferenza. 0:13:11.000,0:13:14.000 E se hai dous anos non acadaches o ascenso 0:13:14.000,0:13:16.000 e algún home no traballo o conseguiu, 0:13:16.000,0:13:18.000 se hai tres anos 0:13:18.000,0:13:20.000 deixaches de procurar novas oportunidades 0:13:20.000,0:13:22.000 vas estar aburrida 0:13:22.000,0:13:25.000 porque deberías ter deixado o pé no acelerador. 0:13:25.000,0:13:27.000 Non abandones antes de tempo. 0:13:27.000,0:13:29.000 Queda. 0:13:29.000,0:13:31.000 Mantén o pé no acelerador 0:13:31.000,0:13:33.000 ata que de verdade teñas que marchar 0:13:33.000,0:13:35.000 para ocuparte do teu fillo 0:13:35.000,0:13:37.000 e só entón toma as túas decisións. 0:13:37.000,0:13:40.000 Non tomes decisións demasiado cedo, 0:13:40.000,0:13:43.000 especialmente daquelas que nin sequera sabes que as estás tomando. 0:13:44.000,0:13:46.000 A miña xeración realmente, e por desgracia, 0:13:46.000,0:13:48.000 non vai cambiar os números que hai no cume. 0:13:48.000,0:13:50.000 Non están a cambiar. 0:13:50.000,0:13:53.000 Non imos chegar a ese 50% da poboación... 0:13:53.000,0:13:56.000 ...na miña xeración, non haberá un 50% de mulleres 0:13:56.000,0:13:58.000 en postos superiores de calquera sector. 0:13:58.000,0:14:01.000 Pero agardo que sexa así en xeracións futuras. 0:14:02.000,0:14:04.000 Coido que un mundo 0:14:04.000,0:14:06.000 onde a metade dos países e metade das empresas 0:14:06.000,0:14:09.000 fosen gobernados por mulleres, sería un mundo mellor. 0:14:09.000,0:14:12.000 E non só porque a xente sabería onde están os baños para as mulleres, 0:14:12.000,0:14:15.000 o que sería moi útil. 0:14:15.000,0:14:17.000 Coido que sería un mundo mellor. 0:14:17.000,0:14:19.000 Teño dous fillos. 0:14:19.000,0:14:22.000 Teño un fillo de cinco anos e unha filla de dous anos. 0:14:22.000,0:14:24.000 Quero que o meu fillo teña a oportunidade 0:14:24.000,0:14:27.000 de contribuír plenamente no lugar de traballo ou na casa 0:14:27.000,0:14:29.000 e quero que miña filla teña a oportunidade de escoller 0:14:29.000,0:14:31.000 non só para ter exito, 0:14:31.000,0:14:33.000 mais para ser amada polos seus logros. 0:14:33.000,0:14:35.000 Grazas. 0:14:35.000,0:14:37.000 (Aplausos)